A campaña “El ovo de etiqueta

Promotor

Obxectivos

Público obxectivo

Accións relevantes

A Organización Interprofesional do Ovo e os seus Produtos (INPROVO) agrupa a asociacións de ámbito nacional representativas das empresas do sector produtivo, industrial e comercial do ovo, representándoas e defendendo os seus intereses. Constitúe ademais o lugar de encontro en que deben adoptarse as decisións relativas á regulación interna do sector.

Foi constituída o 2 de decembro de 1997 e recoñecida como organización interprofesional agroalimentaria polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o 30 de xuño de 1998, de acordo co disposto na Lei 38/1994 reguladora das Organizacións Interprofesionais Agroalimentarias.

Os seus principais obxectivos son a mellora do coñecemento, a eficacia e a transparencia do mercado, velar polo respecto das normas no sector, mellorar a calidade dos produtos e dos procesos e a adaptación dos mesmos ás demandas do mercado.

Un aspecto esencial da súa actividade é promover a investigación e o desenvolvemento do sector do ovo e dos ovoprodutos e difundir o coñecemento sobre estes entre a sociedade.

    • Enmarcar a produción de ovos da Unión Europea no Modelo Europeo de Produción sostible.
  • Informar á sociedade sociedade (consumidores, líderes de opinión e prescritores) sobre os sistemas de produción de ovos na UE.
  • Identificar os ovos comunitarios cun sistema de trazabilidade e información que facilita a elección no momento da compra: o marcado e o etiquetado do ovo.

 

  • Consumidores.
  • Líderes de opinión e prescritores
  • Medios de comunicación

 

  • Campaña de publicidade co lema “El huevo, de etiqueta”
  • Oficina de prensa e relacións públicas permanente
  • Comunicación no contorno 2.0
  • Elaboración de folletos e boletíns divulgativos
  • Accións de notoriedade: enquisa “O Ovómetro”. Celebración do Día Mundial do Ovo
  • Programa de encontros educativos e informativos

 

PRESENTACIÓN DE LA CAMPAÑA