NA COCIÑA

Debemos manipular o ovo tendo en conta as seguintes recomendacións:

 

APRENDE A RECOÑECER UN OVO FRESCO

Casca: que estea limpa, sen fisuras nin roturas.

Clara: con dúas zonas diferenciadas, unha máis densa e outra menos, sen chegar a ser líquida.

Sen olores estraños

Un ovo considérase fresco ata os 28 días despois da posta, se ten estado ben conservado (sen cambios térmicos bruscos e no frigorífico despois da compra).(Vídeo de conservación do ovo).