NA GRANXA

Os produtores e todos os profesionais do sector traballan cada día para que goces de ovos de calidade, frescos e seguros, procedentes de granxas que aplican o Modelo Europeo de Produción. .

Granxeiros, veterinarios, nutricionistas, técnicos de calidade, inspectores, persoal de clasificación, transportistas e vendedores polo miúdo … Todos eles garanten que os ovos europeos vaian sempre “de etiqueta”.

As granxas comerciais de produción de ovos na Unión Europea responden a estritas normativas de seguridade alimentaria, sanidade animal, trazabilidade, e benestar animal, así como a especificacións de calidade do mercado.

 
 

Na Unión Europea a produción de ovos cumpre a normativa máis esixente do mundo: O Modelo Europeo de Produción.

O Modelo Europeo de Produción é un conxunto de normas que garanten a seguridade alimentaria, o benestar e a sanidade animal, ademais de promover a sostibilidade da produción e o respecto ao medio ambiente.

Responde aos desexos dos cidadáns europeos de implantar un modelo de produción de alimentos sostible, o que implica maiores investimentos no equipamento das granxas, o coidado das aves e a contratación de persoal cualificado.