NO CENTRO DE EMBALAXE

O centro de embalaxe é a industria alimentaria que recibe, selecciona e clasifica o ovo segundo as súas categorías de calidade – categorías A e B – e peso – clases S, M, L e X L-, e pode vender ovos clasificados a consumidores finais, distribución ou industrias.

Os centros de embalaxe contan con equipos modernos para a clasificación e o envasado, que garanten a trazabilidade e o control da calidade e a seguridade do ovo, de forma mecanizada, rápida e hixiénica.

Cada ovo ten a súa trazabilidade controlada desde a granxa.

O centro de embalaxe incorpora durante o proceso de clasificación e envasado a información sobre a granxa de orixe na casca do ovo, e outros datos de interese, como o peso, a data de consumo preferente ou o centro de embalaxe no envase. Deste modo coñécese a orixe dos ovos en calquera punto da cadea, e o centro que o clasificou e envasou.

 

 

O MARCADO

O ovo producido na Unión Europea, leva un código impreso obrigatorio que identifica a granxa de orixe e informa ás autoridades sanitarias e consumidores sobre a forma de cría da galiña e o país de produción.

Na granxa rexístranse os detalles da produción: orixe das aves, a alimentación das galiñas e os controis sanitarios realizados.

Descubre o seu significado co noso gráfico interactivo:

 

O ETIQUETADO

Os ovos de calidade van sempre de etiqueta.

A trazabilidade permite seguir o percorrido do ovo desde a granxa de produción ata o punto de venda, e desde a túa neveira ata a orixe, garantindo o control e a seguridade alimentaria. Desta maneira, pódese actuar rapidamente ante calquera incidencia.

Consulta cómo interpretar a etiqueta co noso gráfico interactivo:

A DISTRIBUCIÓN

A cadea de distribución do ovo é moi rápida. Por termo medio, desde que a galiña pon o ovo ata que chega á túa casa só pasan dun a tres días. Por iso o ovo que comes é moi fresco e san.

Para que os ovos cheguen ao consumidor con toda a frescura e calidade é fundamental que no transporte e distribución se coiden a hixiene, o tempo e a temperatura.

A distribución dos ovos desde os centros de embalaxe ás tendas realízase en camións limpos e desinfectados, aptos para transportar alimentos.O almacenamento e o transporte realízanse evitando flutuacións de temperatura que poden afectar á calidade do ovo.

Cada entrega entre os operadores rexístrase nun documento que identifica o centro de embalaxe, o tipo de ovo, a data de consumo preferente e a cantidade entregada. Os almacéns, camións, plataformas loxísticas e tendas contan coa información e formación necesaria para que os ovos se manteñan en condicións adecuadas.