NO MERCADO

Ademais de brancos e morenos, grandes e pequenos, en Europa existen catro tipos de ovos de galiñas segundo o seu sistema de produción, identificados cun número do 0 ao 3. Esta información está impresa no código do ovo e na etiqueta.

É importante saber que en todos os sistemas de produción as granxas están autorizadas polas autoridades competentes, que supervisan periodicamente o traballo dos produtores e velan para que a sanidade e o benestar das galiñas estean garantidos.

 

 

Catro sistemas de produción: :

El número 0

É o código do ovo de produción ecolóxica:  As galiñas alóxanse en galiñeiros con saída permanente a parques ao aire libre, onde poden peteirar a vexetación, escarvar no chan e darse baños de area. Tamén dispoñen de colgadoiros onde a galiña sobe a descansar, niñeiros para que poñan os ovos e material para que escarven e peteiren. A forma de produción está regulada por unha normativa específica certificada polos Consellos Reguladores da Agricultura Ecolóxica, incluíndo nos seus envases o selo distintivo comunitario.

El número 1

É o código do ovo de galiñas campeiras. As galiñas alóxanse en galiñeiros con saída permanente a parques ao aire libre onde poden peteirar vexetación, escarvar no chan e darse baños de area para o coidado das súas plumas. Tamén dispoñen de colgadoiros onde a galiña sobe a descansar, niñeiros para que poñan os ovos e material para que escarven e peteiren.

El número 2

É o código do ovo de galiñas criadas en chan. As galiñas móvense en liberdade no interior dun galiñeiro cuberto, o que lles permite interactuar entre si e co medio. Tamén dispoñen de colgadoiros onde a galiña sobe a descansar, niñeiros para que poñan os ovos e material para que escarven e peteiren.

El número 3

É o código do ovo de galiñas criadas en gaiola. As galiñas alóxanse en grupos reducidos, dispoñen de colgadoiros onde a galiña sobe a descansar, niñeiros para que poñan os ovos e material para que escarven y peteiren.

As galiñas aliméntanse con pensos que achegan os nutrientes que as galiñas necesitan en función da súa idade e nivel de produción. Prepáranse a partir de cereais, soia, vitaminas e minerais, en industrias con elevados requisitos de hixiene e seguridade alimentaria. Unha dieta equilibrada a partir de materias primas controladas asegura un ovo de calidade. No caso dos ovos de produción ecolóxica, os alimentos deben proceder da agricultura ecolóxica.

Os catro sistemas garanten o cumprimento do Modelo Europeo de Produción. Coñecelos permítenos elixir os ovos que mellor se adaptan ás nosas necesidades e preferencias en cada momento.